O Celta B gaña e sae dos postos de descenso directo

celtab070316.jpg

 

O Celta B obtivo unha vitoria crave no campo da Pena Sport FC, a primeira como visitante da tempada, por 0 goles a 2. Os celestes sumaron tres puntos ante un rival directo, pechacancelas do Grupo 1, con goles de Gustavo Ledes (min. 11) e Fragapane (min. 67). O conxunto vigués manexou á perfección os tempos do partido e non sufriu para conseguir un triunfo que lles permite saír dos postos de descenso directo.

 

A falta de dez xornadas para finalizar o campionato, o Celta B ocupa con 29 puntos a décimo sexta praza, posición de playoff polo descenso. O filial céltico recibe ao Tudelano este domingo pola tarde en Barreiro.

 

FICHA TÉCNICA

0-PEÑA SPORT: Tanis, Goñi (Barace, min.74), Odei, Garde, Iván (Julen, min.20), Itu (Jorge Rodríguez, min.55), Toni, Cardo, Manjón, Rubio, Navarro.

 

2-CELTA B: Iván Villar, Kevin (Goldar, min.46), Roger, De Amo, Samu, Jordan (Borja Fernández, min.72), Ledes, Luis Rioja, Adri Cuevas, Fragapane, Borja Iglesias (Pedro Martín, min.88).

 

Goles: Ledes (0-1, min.11); Fragapane (0-2, min.67).

 

Árbitro: Barceló Roca, do colexio catalán. Amonestou polo Peña Sport a Itu, Toni, Manjón, Julen e Barece; polo Celta B a Jordan e Fragapane.

 

Campo: Municipal San Francisco.

Leave a Reply

seventeen − 5 =