Hemeroteca canteira

O Celta B incorpora ao atacante Joao Gomes Camacho

RC Celta

joao.jpg

 

O Celta B continúa reforzándose de cara á nova tempada coa incorporación do extremo portugués Joao Pedro Gomes Camacho, pertencente ao Club Nacional de Madeira da primeira división portuguesa. Trátase dun versátil atacante que se move con soltura por ambas bandas e que chega cedido con opción de compra.

 

Joãou Pedro Gomes Camacho, nacido en Funchal o 23 de xuño de 1994, formouse nas categorías inferiores do C.D. Nacional de Madeira. Debutó co primeiro equipo na tempada 2014-15 e acumulou unha valiosa experiencia na Primeira División Lusa. Desde xaneiro deste ano xogou, cedido, na S.D. Compostela, pero unha lesión na clavícula impediulle mostrar o seu potencial.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas