O Celta B incorpora ao dianteiro Pedro Martín

 

pedromartintenerife

 

O atacante Pedro Martín, procedente do Tenerife, converteuse no segundo reforzo invernal para o Celta B. O dianteiro, que pode xogar tanto en banda como no centro, será celeste até xuño de 2020.

 

Martín (Málaga, 16 de xaneiro de 1992) acabou a súa formación nas categorías inferiores do Atlético de Madrid, onde chegou a debutar co primeiro equipo tanto en Liga como en UEFA.

 

Xogou despois en Segunda División con Numancia e Mirandés, alcanzando unha destacable cifra de goles. Esta tempada disputou 13 partidos co Tenerife, doce deles como titular.

Leave a Reply

three × 5 =