O Celta B lévase o Trofeo Cidade de Zamora

goldar-zamora-celtab-1516.jpg

Os celestes empataron no tempo regulamentario cun tanto de Rioja e venceron nos penales

 

O Celta B venceu este mércores ao Zamora CF no XXXVII Trofeo Cidade de Zamora, disputado no Estadio Ruta de la Plata. Os locais adiantáronse no minuto 64 por medio de Rubén Moreno. Na recta final do partido Luís Rioja puxo as táboas no marcador. O campión do trofeo decidiuse na quenda de penaltis, na que os vigueses estiveron máis acertados.

 

FICHA TÉCNICA

1 (7)-Zamora CF: Miguel, Álvaro, Valverde, Edu Ruiz, Josema, Vilchez, Moreira, Juanan, Rubén Moreno, David Álvarez, Coque.

 

1 (8)-Celta B: Néstor, Kevin, Samu, De Amo, Alende, Borja Peña, Luis Rioja, Jordan, Borja Iglesias, Guille, Julio.

 

Goles: Rubén Moreno, min.64 (1-0); Luis Rioja, min.87 (1-1).

 

Árbitro: Gómez Esteban, do comité castelán leonés.

 

Campo: Ruta de la Plata.

 

Observacións: o Celta B venceu na tanda de penaltis por 7-8.

 

Foto: Zamora CF.

Leave a Reply

six − 5 =