O Celta B medirase ao Real Valladolid en pretempada

valladolid.jpg

O partido está fixado para o mércores 29 de xullo en Mondariz (Campo A Lagoa, 20:00h)

 

O Celta B enfrontarase ao Real Valladolid o próximo mércores 29 de xullo ás 20:00h no Campo Municipal A Lagoa, na localidade pontevedresa de Mondariz. Os canteiráns terán a oportunidade de porse a proba ante un rival de calibre como o conxunto pucelano que finalizou o pasado campionato de Segunda División con 72 puntos.

 

O filial céltico comeza os adestramentos na Madroa este lunes 6 de xullo, ao igual que o primeiro equipo.

Leave a Reply

9 − 2 =