Hemeroteca canteira

O Celta B necesítate este sábado en Barreiro!

RC Celta

somoscanteira.jpg

Os canteiráns afrontan un duelo ante o Valladolid B que pode ser vital para a permanencia

 

O Celta B afronta este sábado (17h, Barreiro) un partido de vital importancia ante o filial do Real Valladolid. Os celestes chegan á xornada 34 da división de bronce situados na décimo cuarta praza da táboa, a tan só dous puntos dos postos de descenso. Unha vitoria ante o cadro valisoletano significaría un importante impulso de cara á recta final do campionato, na que equipo e afección necesitan remar xuntos para alcanzar a ansiada permanencia.

 

O club anima aos seus abonados e a todos os afeccionados celestes a acudir ao Campo de Barreiro para animar aos canteiráns célticos e empuxarlles cara ao triunfo. Os novos futbolistas célticos, que ao longo de toda a tempada fixeron gala de carácter, esforzo e entrega, merecen recibir o apoio da familia celeste ao completo. Entre todos facemos posible un club de canteira: SOMOS CANTEIRA.

 

* Os abonados poden acceder ao partido sen coste algún presentando o seu carné á entrada do campo.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas