Hemeroteca canteira

O Celta B non pode co Somozas nun intenso partido en Barreiro (0-0)

RC Celta

celta_b_somozas_web_131215.jpg

O Celta B non puido superar ao Somozas nun intenso e disputado partido en Barreiro que acabou sen goles. Os celestes dominaron en moitas fases e xeraron ocasións para marcar, pero topáronse cun rival moi ordenado e serio que tamén dispuxo dalgunhas opcións.

 

Prudencia, orde e rigor no arranque do partido en Barreiro. O filial comezou a soltarse arriba ao borde do cuarto de hora con boas chegadas polas bandas e protagonismo para un sempre perigoso Borja Iglesias.

 

O Somozas respondeu con xogadas a balón parado, ben resoltas polos célticos. Os celestes dispuxeron de boas ocasións nesta fase de partido, con claro dominio local, aínda que sempre cun rival ordenado e ben situado en fronte. Non houbo goles ata o descanso.

 

Trala reanudación, con Rubén Ramiro por Fragapane no filial, de novo moita igualdade e prioridad para garantir a ausencia de erros. Como na primeira metade, os celestes foron apoderándose do coiro e xerando boas aproximaciones ante un Somozas que xamais descoidaba a súa zona defensiva.

 

Os celestes intentábano con empeño, de novo exprimiendo ao máximo as bandas, pero non lograban a finalización adecuada ante unha defensa sólida e correosa. Aos 26 minutos, o Somozas enganchou unha contra que permitiu un remate claro de Marco que acabou rexeitando nos dous paus. A continuación, agarrón no área a Borja Iglesias que non foi sancionado. O partido axitábase. Manda salvou un bo remate de Guille pouco despois nunha gran ocasión para os vigueses. Repetiu aos 37 minutos. Gran parada tras un disparo de Guille desde a frontal. Ao final, empate sen goles tras un paradón de Néstor nos últimos instantes

 

0-Celta B: Néstor, Kevin, Goldar, Alende, Samu, Borja Fernández, Pape Cheikh (Guille, min.74), Luis Rioja, Julio Delgado (Borja Peña, min.89), Fragapane (Rubén Ramiro, min.46) e Borja Iglesias

 

0-Somozas: Manda, Adrián, Juan, Antonio, Juanmi, Mateo, Antón, Añón (Cubas. min.86), Joseba, Antas (Remeseiro min.78) e Barco

 

Árbitro: Rodríguez García, do comité asturiano. Amonestou a Goldar, Borja Iglesias, Julio Delgado, Antas, Añón

 

Campo: Barreiro,  uns 1.000 espectadores

 

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas