O Celta B participará no IV Memorial Antonio Bermúdez da SD Compostela

Novo partido de preparación confirmado para o Celta B. Os celestes mediranse á SD Compostela o próximo 24 de xullo ás 19:30 no Estadio Vero Boqueta (Santiago de Compostela), no marco do IV Memorial Antonio Bermúdez. Con este xa son cinco os compromisos estivais confirmados na pretempada do filial céltico: SD Compostela (24 de xullo), Ourense CF (31 de xullo), Oporto B (3 de agosto), Braga B (7 de agosto) e Choco (11 de agosto).