O Celta B pecha a incorporación do centrocampista Luís Gustavo Ledes

escudo-celta-recurso_copia.jpg

 

O Real Club Celta pechou a contratación do seu primeiro reforzo do mercado invernal para o equipo filial. O Celta B incorporará nos próximos días ao mediocentro portugués Luís Gustavo Ledes (Braga, 28 de setembro de 1992), que procede do Río Ave, da Primeira División lusa.

O centrocampista, que asinou o que queda de tempada e outro catro campañas máis, ingresou no Río Ave no ano 2013 procedente do Barcelona. Foi internacional Sub 21 con Portugal, ademais de en outras categorías do combinado nacional luso.

Gustavo Ledes chegou á Masía en categoría cadete e, entre outros logros na canteira blaugrana, destaca a súa triplete, Liga, Copa de Campións e Copa do Rei, co Barcelona Xuvenil de División de Honra. En 2011 foi chamado polo técnico Pep Guardiola para disputar co primeiro equipo a Copa Audi. Esa tempada e a seguinte militou no Barcelona B.

 

Leave a Reply

20 − five =