Hemeroteca canteira

O Celta B perde dous puntos ‘sobre a bocina’

RC Celta

O Pontevedra anotou o 2-2 definitivo no tempo de desconto

 

Os celestes adiantáronse no minuto 24 desde o punto de penalti, producido por unha man dun xogador pontevedrés dentro da área. O capitán Víctor Vázquez foi o encargado de executar a pena máxima, co que se abriu o marcador dun partido ausente de ocasións até ese momento.

 

O Pontevedra quedou tocado tras o tanto vigués. Os granates non lograban xerar perigo e no descanso Milo Abelleira deu entrada a David Pérez e Tubo en busca dunha reacción no seu equipo.

 

A pesar da superioridade céltica no segundo tempo, no que unha intensa choiva foi protagonista por momentos, o Pontevedra logrou recortar diferenzas no minuto 65 por medio de Jacobo.

 

Os granates gañaron peso sobre o terreo de xogo tras o empate e ofreceron unha mellor imaxe que no primeiro tempo. Os de Pichi Lucas buscaban con decisión o tanto da vitoria, que parecía poder chegar por parte de calquera dos equipos.

 

Tras unha ocasión frustrada para Antón de Vicente, o adestrador dos vigueses deu entrada a Borja no minuto 81. O canteirán celeste non levaba nin dous minutos sobre o céspede de Barreiro cando anotou o 2-1.

 

Cando a vitoria xa parecía asegurada, o Pontevedra deu o golpe definitivo practicamente sobre a bucina. No minuto 93 marcou o 2-2 e evitou que o Celta B se fixese cós tres puntos.

 

FICHA TÉCNICA

2-CELTA B: Rubén Blanco, Soto, Kevin (Marcos Torres, min.54), Víctor Vázquez, Sergio Santos, Antón, Aitor (Benja, min.66), Madinda, Camochu, Rubén Martínez e David Añón (Borja, min.81)

 

2-PONTEVEDRA: Lloves, Pacheco (David Pérez, min.45), Adrián, Pablo, Yago Vázquez, Iago Paz, Richi, Moisés (Tubo, min.45), Jacobo, Juncal e Stefan (Javi Pazos, min.72)

 

Goles: Víctor Vázquez, 1-0 (min.24, de penalti); Jacobo, 1-1 (min.65), Borja, 2-1 (min.83), Javi Pazos (min.93)

 

Árbitro: García Villaverde. Amonestou a Madinda

 

Campo: Barreiro

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas