O Celta B perde pola mínima o duelo de filiais ante Las Palmas (0-1)

Un solitario tanto da UD Las Palmas Atlético bastou aos insulares para levar o duelo de filiais ante o Celta B. O primeiro tempo transcorreu con dominio alterno e sen ocasións claras ata que, no minuto 43, Suárez marcou para os visitantes a balón parado. O gol en contra desajustó aos vigueses, que a punto estiveron de encaixar o segundo antes do descanso.

Á volta do vestiario, os de Albés saltaron ao céspede de Barreiro con máis intensidade e ideas renovadas. O filial céltico gozou de varias ocasións para igualar o choque que non frutificaron. O partido finalizou con 0-1 no marcador. Segunda derrota consecutiva do Celta B, en quinta posición da táboa e que a próxima xornada visita ao Atlético de Madrid B.

FICHA TÉCNICA

0-Celta B: Iván Villar; Riki, Diego Alende, Ros, Pampín, Rai, Álex Serrano (Dani Molina, 66′), Solís (Vega, min.74), Jacobo, Aarón Rey (David, min.84), Iban Salvador.

1-Las Palmas Atlético: Josep, Fortes, Fonda, Álex Súarez, Curbelo, Josemi, Edu, Gopar; Rober (Raúl Alemán, min. 73), Kirian (Camacho, min. 91), Yoel (Yeremi, min. 81).

Árbitro: Jaime Ruiz Álvarez. Expulsou a Jesús Fortes con vermella directa no minuto 94. Amonestou aos celestes Diego Alende, Iban Salvador e Aarón Rey; e aos visitantes Josep, Edu, Álex Suárez e Yoel.

Gol: Álex Suárez (0-1, min.43).

Campo: Barreiro (600 espectadores).