O Celta B recibe o sábado ao SC Braga B nun partido con entrada libre

Novo partido de preparación para o Celta B, esta vez en casa. Os de Rubén Albés reciben este sábado 4 de agosto ás 18:00 en Barreiro ao filial do Sporting Braga, un encontro a porta aberta e con entrada libre.