Hemeroteca canteira

O Celta B reencontra a vitoria cunha goleada ao Izarra

RC Celta

borjafdz-cel-iza-1516

 

O Celta B reencontrouse coa vitoria en Barreiro e fíxoo con goleada. Os vigueses superaron ao CD Izarra por 4-1 nun partido cun primeiro tempo de ida e volta e unha segunda parte na que os célticos se apropiaron do choque minuto a minuto. Fragapane foi autor de dous tantos e Iván Villar asinou unha actuación brillante, cun penalti detido incluído.

 

O filial celeste adiantouse moi pronto no marcador cun gol de Luís Rioja, quen pateou ata o fondo da rede un balón solto na área. O cadro galego fíxose coa posesión, pero o bo facer do Izarra nos labores defensivos demoraron a chegada do segundo tanto local.

 

Ao cuarto de hora o colexiado pitou penalti a favor do Izarra, unha pena máxima que anulou o porteiro céltico Iván Villar cunha gran parada. Minutos despois o novo gardameta viuse sorprendido por un cabezazo de Pito que enviou o esférico pegado ao poste esquerdo da portaría.

 

Os celestes mantiveron a súa formulación ofensiva e gozaron de máis dunha ocasión para recuperar a vantaxe, a máis clara no minuto 30 cando Borja Iglesias fallou un lanzamento de penalti. Antes do descanso o Celta se redimió co 2-1, obra de Franco Frapagane.

 

Tras a continuación os de Torres Gómez viron aumentar a súa superioridade conforme o cronómetro avanzaba. A segunda diana de Fragapane no minuto 58 deu aínda máis confianza aos canteiráns, referendada por un gran Iván Villar baixo paus. Dez minutos despois chegou o cuarto gol celeste, premio a un incansable Borja Iglesias. Xa co tempo regulamentario cumprido Jordan sumouse á goleada celeste có definitivo 5-1.

 

FICHA TÉCNICA

4-CELTA B: Iván Villar, Kevin, Goldar, De Amo, Lucas, Borja Fernández, Jordan, Guille Andrés (Pape, min.70), Luis Rioja (Julio Delgado, min.75), Fragapane e Borja Iglesias (Rubén Ramiro, min.75).

 

1-CD IZARRA: Aitor Navarro, Aritz, Eneko, Lucas, Maestresalas (Cacho, min.11), Cabrera, Bruno, Lizarraga, Pito (Iván Garrido, min.75), Almagro (Julen, min.62) e Galán.

 

Goles: Luis Rioja, 1-0 (min.4); Pito, 1-1 (min.27); Fragapane, 2-1 (min.37); Fragapane, 3-1 (min.58); Borja Iglesias, 4-1 (min.68); Jordan, 5-1 (min.91).

 

Árbitro: amonestou polo Celta B a De Amo e polo Izarra a Cacho, Lucas, Iván Garrido, Bruno, Galán e Lizarraga.

 

Campo: Barreiro.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas