O Celta B reencóntrase coa vitoria en Ponferrada (1-2)

O Celta B mostrouse moi efectivo nun dos campos máis complicados da categoría. Os celestes encarrilaron o triunfo cun tanto de Dennis e outro de Pastrana antes do descanso. Tras a continuación, a Ponferradina amagó con reaccionar e mesmo recortou distancias no marcador cunha diana de Yuri, pero foi insuficiente para rescatar polo menos un punto. O filial recibe o vindeiro sábado ás 16:00 ao Deportivo B en Barreiro.

FICHA TÉCNICA

1-PONFERRADINA: Dinu, Jon García, Fernando Román, Álvaro Moreno, Cidoncha, Saúl, Andy, Jorge García (Néstor, min. 46; Menudo, min. 61), Iago Díaz, Yuri e Ríos Reina.

2-CELTA B: Jero, Kevin, Costa, Alende, Riki; Molina, Rai, Juan (Aarón, min. 82), Dejan (Tia, min. 86), Pastrana (Ros, min. 48) e Dennis.

Goles: Dennis (0-1, min. 11); Pastrana (0-2, min. 44); Yuri, (1-5, min.55).

Árbitro: Ruiz Álvarez, do comité asturiano.

Campo: El Toralín