O Celta B reforza a súa defensa coa incorporación do central Robert Costa

robertcostabarcab.jpg

 

O Celta pechou o seu primeiro reforzo da tempada para o filial celeste. O central catalán Robert Costa (Girona, 1994) chega procedente do FC Barcelona e firma por 2 tempadas con outras 2 opcionais.

Costa formouse na Masía, á que se incorporou en 2006. Desde entón pasou por todas as categorías inferiores do FC Barcelona, do Infantil B ao filial blaugrana. O defensa xerundense destaca por posuír un potente físico, boa saída de balón, presenza no xogo aéreo e adaptabilidade para desenvolverse tanto de central esquerdo como dereito.

Leave a Reply

4 + 2 =