O Celta B reforza a súa defensa coa renovación de Pablo Pérez

Pablo_Perez_-_Celta_B_02.jpg

O ata agora xuvenil será xogador celeste as próximas cinco tempadas

 

O Real Club Celta continúa perfilando a próxima tempada das súas categorías inferiores á vez que afianzan o seu ilusionante proxecto de canteira. O ata agora xuvenil celeste Pablo Pérez (Verín, 1994), lateral destro e un dos máis firmes valores da Madroa, reforza a defensa do Celta B tras renovar o seu contrato co club vigués para oaspróximas cinco tempadas.

 

Esta noticia únese á recente renovación de Diego Maceira e a incorporación ao filial de David de Dios como adestrador e de Carlos Nodar como preparador físico. O Real Club Celta non cella no seu empeño por consolidar a súa aposta polo fútbol base, que xa é aceno de identidade do club celeste.

 

Fotografía: Diego Pérez

Leave a Reply

nineteen + thirteen =