O Celta B reforza o seu ataque có dianteiro Juan Delgado

juan_delgado_-_cesion_celtab.jpg

O ariete, procedente do Mestalla, é a segunda incorporación do filial celeste en xaneiro

 

O Celta B dispón dun novo reforzo. O filial incorpora ao dianteiro Juan Delgado, procedente do Mestalla, cedido para o que resta de tempada, unha cesión prorrogable ata o 30 de xuño de 2015 e cunha opción de compra. O futbolista, de 20 anos de idade, únese así a Pablo Crespo, primeiro reforzo do filial celeste neste mes de xaneiro: ‘sobre todo aportarei traballo e entrega’, asegurou o novo xogador do Celta B, que se define como un dianteiro ‘rápido e vertical’.

Juan Delgado (Elda, 3 de xaneiro de 1994), internacional coa selección española Sub-16 e sub-17, foi referencia goleadora nas categorías inferiores da Valencia e a pasada campaña ingresou no Mestalla, onde disputou 21 partidos.

Leave a Reply

eighteen − three =