O Celta B reforza o seu ataque con Aitor García

O futbolista onubense chega cedido polo Recreativo ata final de tempada

 

O Real Club Celta reforza o seu equipo filial coa incorporación de Aitor García Flores (Huelva, 1994), xogador destro de ataque que chega cedido polo Recreativo de Huelva ata xunio de 2013.

 

O xoven futbolista onubense debutou co primeiro equipo albiazul a pasada campaña en Segunda División, nun partido ante o Murcia no que anotou o terceiro tanto do seu equipo.

 

No capítulo de saídas, o xogador do filial Fidi xogará cedido no Rápido de Bouzas e David Castro o fará no Alondras, ambos ata final de tempada; mentras que Jordan e Juanma Torres acordaron co club a súa desvinculación da entidade céltica.

Leave a Reply

fourteen + thirteen =