O Celta B remonta e suma unha nova vitoria en Barreiro

celta_b_villalbes_10213.jpg

Camochu, Aitor e Rubén Martínez anotaron os tantos ante o Villalbés, que xogou con 10 moitos minutos

 

 

O Celta B remontou o tanto inicial de Quico para o Villalbés e sumou unha nova vitoria con goles de Camochu, o debutante Aitor e Rubén Martínez. Partido intenso no que o rival xogou moitos minutos cun xogador menos pola expulsión de Prieto.

Alternativas, bo ritmo e ambición en ambos equipos no arranque do partido en Barreiro, con boas chegadas nas dúas áreas, aínda que sen ocasións claras polo bo facer das defensas.O partido rompeuse aos 22 minutos nun saque de esquina. Quico enganchou unha gran volea e adiantou ao Villalbés. Fantástico remate do central visitante nunha xogada de estratexia.

O Celta B, sorprendido polo tanto posto que apenas sufrira en defensa, aumentou o ritmo en busca do empate con prontitud, aínda que o Villalbés, apoiado na súa vantaxe, defendía con orde e solvencia.O filial non lograba sorprender á zaga visitante e, xa con media hora de xogo cumprida, non lograra xerar ocasións claras malia o seu empeño.

Aos 37 minutos, novo xiro no partido. O Villalbés quedouse con dez pola expulsión con dobre amarela de Prieto nunha xogada na que houbo unha man na frontal, e tarxeta, de Hugo. Camochu lanzou contra a barreira. Pouco despois, Santi Mina rematou á media volta ligeramente desviado.

Antes do descanso, aos 42 minutos, o Ceta B logrou empatar o choque, Boa xogada colectiva, con centro final de Marcos Torres e cabezazo á rede de Camochu. Trala expulsión, o filial céltico encerrara na súa área ao Villalbés, que sufriu o indecible ata o descanso e ben puido irse ao vestuario en desventaja.

Trala reanudación, o Celta B mantivo a intensidade e saíu decidido a selar a remontada canto antes. O Villalbés, metido atrás, aguantou os primeiros minutos sen demasiados agobios, con moita concentración e solidariedade en defensa.

Aos 16 minutos, Santi Mina rematou, escorado, e José Ángel atrapou con seguriudad. O acoso celeste ía en aumento e ao conxunto rival custáballe cada vez máis frear aos vigueses. E aos 21 minutos, golazo. Aitor, debutante, recibiu no lateral do área, recortou e colocou o coiro no segundo pau cunha precisión asombrosa. Apenas levaba uns minutos no campo e deixara unha auténtica perla.

O terceiro puido chegar pouco despois tras unha boa xogada de Rubén Martínez, enorme neste choque, pero o remate final de Víctor Vázquez no área pequena saíu elevado.

O Villalbés, que nunca baixou os brazos e ofreceu unha boa imaxe, tratou de reaccionar e deu un paso adiante, asumindo moitos riscos, en busca do empate. E encaixou nunha contra aos 35 minutos. Culminouna Rubén Martínez cun bo remate no interior do área.

FICHA TÉCNICA

3-Celta B: Rubén, Marcos Torres, Víctor Vázquez, Sergio Maestre (Borja, min.46), Maceira, Antón, Levy, Añón (Aitor min.60), Rubén Martinez, Santi Mina (Benja, min.76) e Camochu.

1-AT. Villalbés: José Ángel, Porati (Herni, min.76), Quico, Prieto, Álex, Borja, Make (Nico, min., Pablo Vivero, Hugo (López, min.67), Óscar Martínez e Dani

Goles: 0-1, min.22; Quico; 1-1, min.42: Camochu; 2-1, min.66: Aitor; 3-1, min.80: Rubén Martínez

Árbitro: Espasandín Cores. Expulsou con dobre amarela a Prieto (min.37) e amonestó a Sergio Maestre, Víctor Vázquez, Borja, Hugo, Álex, Pablo Vivero

Campo: Barreiro, uns 500 espectadores

Leave a Reply

nine − 5 =