Hemeroteca canteira

O Celta B rexorde cunha vitoria plena de intensidade e coraxe

RC Celta

celta_b_aviles_web_22315.jpg

Supera, no debut de Toni Otero, a un bo Avilés con goles de Borja Iglesias e De Amo

 

O Celta B puxo punto e final á súa mala racha cunha importantísima vitoria no debut de Toni Otero no banquiño. O filial supero con coraxe e unha enorme intensidade a un complicado Avilés, que ofreceu bo fútbol e moita ambición. Borja Iglesias e De Amo foron os goleadores celestes.

 

O Celta B arrincou cunha presión feroz e moi arriba, que abocaba ao Avilés a xogar en longo e sen precisión. Aos cinco minutos, Luís Rioja rematou desviado tras unha boa acción persoal na área na primeira chegada dos locais, que mostraban unha enorme intensidade.

 

Aos 13 minutos, unha gran xogada ofensiva entre Luís Rioja e Samu acabou en gol de Borja Iglaesias, pero o tanto foi anulado por fóra de xogo. Chegou despois unha fase de dominio visitante, con varios remates ben neutralizados por Óscar. O filial reaccionou aos 28 minutos cunha xogada a balón parado que De Amo a punto estivo de aproveitar para adiantar aos seus. O Avilés superou ao conxunto local na segunda fase dunha primeira metade que concluíu sen goles.

 

Trala reanudación, o filial volveu dispoñer de boas aproximacións nun arranque de ida e volta con chegadas en ambas áreas. Borja Iglesias  e Thaylor asustaron nun par de boas ocasións, mentres que Jonathan de Amo sacou un balón baixo paus con Óscar xa batido. O Celta B recuperara a intensidade inicial e volvía xerar boas chegadas.

 

Aos 15 minutos, Luís Rioja, moi activo e vertical, penetrou pola súa banda e centrou cara ao segundo pau, onde Borja Iglesias rematou á rede para adiantar aos celestes.

 

Pouco despois, De Amo arrincou con potencia e fe, fixo a parede con Borja Iglesias e rematou á rede desde o interior da área. Gran xogada dun filial desatado que aumentaba a súa vantaxe nun arreón de fe e coraxe do central que simbolizaba o espírito do equipo.

 

Valiosísima vitoria para o filial nun momento crave da tempada.

 

2-Celta B: Óscar, Soto, Goldar, Jonathan de Amo, Samu, Borja Domínguez, Borja Fernández (Javi Rey, min.74), Thaylor (Youseff, min.84), Luis Rioja, Señé e Borja Iglesias (Javi Que, min.80)

 

0-R. Avilés: Alejandro, Marcos Cerudo, Adrian León, Borja García, Dani López (Clement Badin, min.59), Álvaro Zazo, Geni, Álex Arias (Ito, min.76), Jairo, Omar Sanpedro e Kiu (José María, min.70)

 

Goles: 1-0, min.60: Borja Iglesias; 2-0, min.64: De Amo

 

Árbitro: Rives Leal, do comité valenciano. Expulsou con doblre amarela a Marcos Cerudo (min.83) e amonestou a Dani López, Borja García, Jairo, Youseff

 

Campo: Barreiro, uns 1.200 espectadores

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas