Hemeroteca canteira

O Celta B se reencóntrase coa vitoria en Barbadás

RC Celta

Os vigueses venceron por 0-2 nun partido protagonizado polo céltico Félix

 

O Celta B chegaba a Vos Carrís decidido a cultivar unha vitoria tras o frustrante empate acontecido a semana pasada ante o Somozas. Co paso dos minutos o balón comezou a ser propiedade do conxunto vigués, que buscaba a portaría rival con afán.

 

O céltico Félix converteríase no protagonista do encontro ao inaugurar o marcador no minuto 20 e, tan só un minuto despois, anotar o 0-2 definitivo. O cadro de Pichi Lucas chegou ao descanso cunha boa vantaxe en goles e xogo. O Barbadás realizou variacións tácticas ao comezo do segundo período, pero o equipo ourensán foi incapaz de recortar diferenzas ante un Celta B serio e organizado en defensa.

 

Con esta vitoria o filial céltico mantense no segundo posto da táboa, que dá dereito a disputar o playoff de ascenso, e mantén un colchón de oito puntos co seguinte clasificado.

 

FICHA TÉCNICA

0-Barbadás: Berto, Jorge (Cuquejo), Alfredo, Martín Fernández, Vieytes, Nuno, Martín Pérez, Luis (Prada, min.45), Rafita, Cristian e Oli (Javi Ramos, min.45)

2-Celta B: Rubén Blanco, Soto, Maceira, Víctor Vázquez, Sergio Maestre, Antón, Félix (Kevin), Borja, Camacho, Benja (Marcos Torres, min.68) e Santi Mina (Moreira, min.88)

 

Goles: Félix, min.20 (0-1); Félix, min.21 (0-2)

 

Campo: Os Carrís

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas