Hemeroteca canteira

O Celta B sofre a súa primeira derrota de pretempada

RC Celta

6626n_valladolid-celta-B-620.jpg

O Real Valladolid venceu 0-3 ao conxunto celeste no Campo A Lagoa de Mondariz

 

O Celta B colleitou este mércores a súa primeira derrota de pretempada ante o Real Valladolid. Os celestes, xa cós xogadores que nas últimas semanas adestraron có primeiro equipo, puxeron vontade e entrega e ofreceron unha boa actuación ante un rival que formou cun once similar ao que usarán no campionato ligueiro de Segunda División. Os pucelanos anotaron o primeiro tanto aos dez minutos e pecharon a vitoria con outras dúas dianas na segunda parte. 

 

O filial celeste mantén as boas sensacións nesta pretempada e xa pensa no choque deste sábado en Viana do Castelo ante o Neves FC. 

 

Foto: Real Valladolid

 

FICHA TÉCNICA

0-Celta B: Néstor, Kevin, Goldar, Jona, Samu, Peña, Borja Fernández, Julio, Ramiro, Borja Iglesias e Guille Andrés. Tamén xogaron Juan, Sergio, Soto, Pape, Pintos, Luis Rioja, Duclós, Alende, Jordan, Javi Que e Rey.

 

3-Valladolid: Kepa, Óscar Arroyo, Marcelo Silva, Juanpe, Hermoso, André Leao, Timor, Guzmán, Óscar, Alfaro e Caye. Tamén xogaron Royo, Juan Villar, Chica, Cristian, Ángel, Anuar, Zambrano, Villar, Ton, Mayoral e Dani Vega.

 

Goles: 0-1, minuto 10: Caye. 0-2, minuto 50: Guzmán. 0-3, minuto 60: Alfonso.

 

Árbitro: Mosquera Goce, sen amonestados.

 

Incidencias: encontro amigable disputado no campo A Lagoa, en Mondariz.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas