O Celta B sucumbe á efectividade do Coruxo

celtab-coruxo_13-14.jpg

O filial dominou e estrelou dous balóns no pao ante un rival que anotou en cada chegada (1-3)

 

O Celta B caeu ante o Coruxo en Barreiro nun derbi marcado pola efectividade dos visitantes e o dominio estéril dos locais, que non aproveitaron as súas ocasións e viron como o rival remontaba o tanto inicial de Aitor. O filial, ademais, topouse co pao en dúas ocasións.

 

O Celta B propuxo de inicio fidelidade. Tratou de combinar desde atrás, con mobilidade e velocidade arriba: o seu estilo. Así xerou un par de boas xogadas no arranque e moita inquietude na zaga do Coruxo.

 

Os visitantes foron aos poucos entrando no partido e Mateo obrigou a Óscar Santiago a esforzarse para desviar un bo lanzamento aos 10 minutos de xogo.

 

Dous minutos despois, gran pase en profundidade a Thaylor, quen regatea a Fernando e envía á área pequena para que Aitor empuxe á rede. Gran xogada á contra e bo tanto do filial celeste.

 

Tamén foi de bela factura o tanto do empate, aos 20 minutos. Gran xogada combinativa na área celeste para que finalmente Antúnez colocase o coiro á beira do pao esquerdo de Óscar.

 

Cinco minutos despois, o traveseiro repeleu un gran lanzamento de falta de Antón desde a frontal, espectacular disparo que puido concederlle aos celestes unha nova vantaxe.

 

A mala fortuna plasmada neste lanzamento materializouse tres minutos despois noutro tanto do Coruxo: Aitor despexa forzado na frontal e o coiro cae a Antúnez na área pequena. Só tivo que empuxala. Xogada desafortunada para o filial.

 

Á media hora de xogo, falta lateral e o coiro sae rozando o pau de Fernando sen que Añón puidese empuxala. O Celta B empuxaba con fe en busca do empate. Ocasións houbo para iso. E varias. O Celta B arroiaba ao Coruxo e xeraba claras oportunidades para marcar. Añón, moi activo, a punto estivo de logralo aos 40 minutos tras unha gran xogada, pero o seu remate saíu moi preto do pau esquerdo de Fernando. Foi un monólogo espectacular, pero estéril, do filial.

 

Tras a continuación, novo pau en forma de gran gol. Aitor Aspas foise de varios rivais e picouna ante Óscar. Ían seis minutos e o partido púñase realmente complicado para os célticos, que desperdiciaran un bo número de ocasións e vía como o seu rival aproveitaba cada unha das que xeraba.

 

O B tratou de reporse con rapidez e volveu encerrar ao Coruxo na súa área, con moitas chegadas por banda que non acababan de maneira satisfactoria. Pasado o primeiro cuarto de hora, debutou Pablo Crespo, a primeira das incorporacións celestes deste mes de xaneiro e pouco despois, a segunda, Juan Delgado.

 

O cadro local insistía sen desmaio sobre a área de Fernando, aínda que sen xerar ocasións claras ante a muralla do Coruxo. Juan Delgado, tras unha gran xogada estrelou o seu remate no pao no minuto 38 para desesperación dos célticos, incapaces de recortar diferenzas a pesar do seu absoluto dominio.

 

FICHA TÉCNICA

 

1-Celta B: Óscar Santiago, Marcos Torres, Antón, Soto, Maceira, Javi Rey, Borja Fernández (Pablo Crespo, min.61), Yelko, Aitor (Juan Delgado, min.65), Añón e Thaylor (Borja Iglesias, min.65)

 

3-Coruxo: Fernando, Damiá, Yago Yao, Pazó, Aitor Aspas, Moscardó (Costas, min.79), Antúnez, Pedro Vázquez, Mateo (Rafa Mella, min.74), Cifuentes e Reguero (Chaco, min.76)

 

Goles: 1-0, min.12: Aitor; 1-1, min.20: Antúnez; 1-2, min.28: Antúnez; 1-3, min.51: Aitor Aspas

 

Árbitro: Bueno Prieto, do comité madrileño. Amonsestou a Mateo, Rafa Mella

 

Campo: Barreiro

 

Fotografía: Diego Pérez

Leave a Reply

2 + fourteen =