Hemeroteca canteira

O Celta B suma en Burgos un punto insuficiente

RC Celta

celta_b_sporting_b_6414.jpg

O filial celeste descende a Terceira División tras empatar 3-3 no campo El Plantío

 

Non puido ser. O Celta B afrontaba o encontro ante o Burgos no campo do Plantío coa necesidade de cultivar tres puntos que lle permitisen continuar soñando coa permanencia. Os canteiráns celestes dominaron con autoridade no primeiro tempo e chegaron ao descanso cunha vantaxe de dous goles, pero os locais reaccionaron tras a continuación e logaron remontar. Un gol de Maceira no tramo final do partido puxo as táboas (3-3) no marcador, un resultado insuficiente que leva o descenso matemático do filial á Terceira División.

 

O conxunto adestrado por David De Dios arrincou o partido con máxima intensidade. Nada máis comezar o encontro Yelko Piñeiro tivo unha gran ocasión para estrear a conta goleadora dos vigueses. O porteiro Héctor non puido evitar a segunda envestida olívica. Borja Iglesias aproveitou un erro da zaga para anotar a primeira diana da tarde. O Celta B mantivo a intensidade, facendo moito dano á contra ante un Burgos que non lograba situarse no partido. Borja Iglesias, Yelko e Borja Domínguez estiveron a piques de aproveitar varios erros do rival. Finalmente foi o dianteiro céltico, Iglesias, o que volvería anotar, no minuto 33. Gran xogada do atacante que finalizou a gol cun disparo cruzado. O descanso chegou con 0-2 no electrónico.

 

Tras o tempo morto o Burgos saltou ao céspede do Plantío con forzas renovadas. Aos 52 minutos de xogo Cerrajería recolleu un rexeite na frontal da área celeste e recortou distancias cun disparo raso. Os da Madroa estiveron moi preto de aumentar a súa vantaxe, pero foron os locais os que volveron golpear de novo. Arkaitz empatou o encontro cun gran disparo no minuto 71. A remontada a culimnó Gallardo pouco despúes, no minuto 77, cun remate de cabeza a saque de esquina.

 

As esperanzas celestes reviviron tan só un minuto despois, cando Maceira puxo de novo as táboas no marcador cun gran disparo. Nos compases finais o Celta B puido sentenciar o encontro e gañar o tres puntos, pero a boa actuación do porteiro Héctor evitou que o resultado de 3-3 cambiase.

 

Este empate supón o descenso a Terceira División para o conxunto céltico. Aínda que finalmente o obxectivo da permanencia non foi posible, os canteiráns loitaron con entrega ao longo de toda a tempada e viviron un ano que a recado será transcendental no seu crecemento como xogadores. Os retos para estas novas promesas continuarán adiante nun proxecto de canteira, o do RC Celta, que está a vivir unha etapa de crecemento, maduración e consolidación, un proxecto cun presente ilusionante e un futuro prometedor.

 

FICHA TÉCNICA

3-Burgos: Betancort, Andrés, Héctor, Gallardo, Terrón (Pacheta, 64′), Moke, Torres (Cerrajería, 46′), Moré, Gerica (Arkaitz, 42′), Carralero e Prats

 

3-Celta B: Rubén Blanco, Kevin (Javi Rey, min.84), Soto, David Costas, Maceira, Borja Domínguez, Borja Fernández (Jordan, min.84), Yelko Pino, Fernán (Marcos Torres, 68′), Aitor e Borja Iglesias

 

Goles: 0-1, min.11: Borja Iglesias; 0-2, min.33: Borja Iglesias; 1-2, min.52: Cerrajería; 2-2, min.71: Arkatiz; 3-2, min.77: Gallardo; 3-3, min.78: Maceira

 

Árbitro: Abad Esteban, do comité valencián. Amonestou a Carralero, Pablo e Héctor Jiménez del Burgos e a Borja Iglesias do Celta B

 

Campo: El Plantío

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas