O Celta B suma experiencia ao seu ataque co extremo diestro Pol Roigé

O Celta B incorpora ás súas filas a un novo xogador, o extremo dereito Pol Roigé, que chega a Vigo procedente do RCD Mallorca en calidade de cedido con opción de compra ao finalizar a tempada.

Pol Roigé (Barcelona, 1994) é un futbolista polivalente que se manexa con solvencia en toda a fronte do ataque. Xogador de desequilibrio e bo pasador, Roigé conta con experiencia nas divisións de bronce e prata do fútbol español. Formado na UE Castelldefels, o barcelonés debutou en Segunda coa CE Sabadell con tan só 20 anos, en 2014. Dous anos despois asinou polo RCD Mallorca, conxunto co que disputou 32 partidos na 2ªA e 14 en 2ªB, ademais de 3 encontros de Copa do Rei.