Hemeroteca canteira

O Celta B suma un punto ante o Astorga

RC Celta

escudogrande.jpg

Empate sen goles no Campo da Eragudina. Señé debutou como xogador celeste

O Celta B obtivo un punto no campo do Atlético Astorga. Un notable Óscar Santiago na portaría céltico frustrou as ocasións de gol dos locais, os que se encontraron cun moi bo traballo defensivo por parte dos celestes. Na segunda parte os vigueses melloraron na faceta ofensiva, aínda que o estado do terreo de xogo complicaba o bo manexo do esférico.

O choque pechouse cun grande oportunidade para o céltico Puchetta, pero o gardameta local reaccionou ben e evitou o tantoolívicoSeñé, última fichaxe do Celta B, debutou como xogador celeste.

 

FICHA TÉCNICA

0-ATLÉTICO ASTORGA: Javi, Cristian, Lago, David Uña, Víctor, Porfirio Puente, Diego (Asier, min.31), Taranilla (Rubén, min.26), Borjas, David Bandera (Marcos Blanco, min.39) e Ivi Vales

 

0-CELTA B: Óscar Santiago, Kevin, Crespo, Soto, Casas, Borja Fernández, Javi Rey, Señé, Omar (Youssef, min.28), Javi Que (Puchetta, min.35) e Borja Iglesias

 

Árbitro: Vila Sánchez. Amonestou a Kevin, Víctor, David Uña, Puchetta, Cristian e Borja

 

Campo: La Eragudina

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas