O Celta B suma un punto no último partido da primeira volta

olaza-celtabcoruxo-1516

 

O Celta B sumou un punto no último partido da primeira volta. Os celestes cultivaron un empate sen goles no campo do Valladolid B. O choque destacou pola ausencia de ocasións de gol, as dúas máis claras, unha para cada equipo, producíronse nos últimos minutos do encontro. O céltico Guille Andrés atopouse cunha gran intervención do porteiro rival que evitou o gol vigués. No contraataque os locais a punto estiveron de asestar un golpe letal. Finalmente o electrónico non se moveu.

 

FICHA TÉCNICA

0-Valladolid B: Julio, Deve, Arroyo, Iván Casado, Royo, Mario, Zambrano, Ángel, José, Toni (Dani Vega, min.87), Caye Quintana (Mayoral, min.71).

 

0-Celta B: Néstor, Kevin, De Amo, Goldar, Lucas, Alende, Pape (Rubén Ramiro, min.67), Luis Rioja (Javi Que, min.83), Guille Andrés (Brais Méndez, min.79), Julio Delgado, Borja Iglesias.

 

Goles: sin goles.

 

Árbitro: Gálvez Rascón, do comité madrileño. Amonestou polo Valladolid a Ángel, José e Deve; polo Celta a Julio Delgado, Lucas, Luis Rioja, Goldar, Borja Iglesias, Kevin e Javi Que.

 

Campo: Anexos del José Zorrilla (300 espectadores).

Leave a Reply

one × 3 =