Hemeroteca canteira

O Celta B supera á Cultural Leonesa cunha gran segunda parte

RC Celta

CELB-CULT_1-0_13-14.jpg

Marcos Torres anotou o tanto celeste no inicio da segunda metade (1-0)

 

O Celta B resolveu a súa mala serie de resultados cunha gran vitoria ante a Cultural Leonesa tras unha espléndida segunda metade. Marcos Torres anotou o tanto do triunfo no primeiro minuto da segunda parte, dominada de maneira absoluta polos vigueses cun gran futbol. Merecida e traballada vitoria para os celestes, lastrados por un gran número de baixas. Añón foi expulsado no tramo final.

 

O Celta B, con numerosas ausencias, tratou desde o inicio de rasear o coiro e combinar con velocidade ante un rochoso rival. Ao tres minutos, Yelko revólvese na área, cede atrás e Jordan remata ás mans de Toño.

 

O filial empuxaba con firmeza e chegaba con certa claridade neste tramo inicial, que dominaba con claridade. Aos 12 minutos, Borja Iglesias arrancou desde atrás e encarou á meta rival, pero o seu remate foi desviado en última instancia por un defensor.

 

A Cultura achegouse por primea vez aos 16 minutos cunha xogada de estratexia. Santi Santos cabeceou lixeiramente desviado, preto do pau dereito do novísimo Iván.

 

O partido igualouse na seguinte fase, co visitante practicando un xogo moi directo e tratando de aproveitar as xogadas a balón parado e o Celta B un tanto atascado no armazón defensivo rival.

 

Con media hora cumprida, a Cultural atopara aire e espazos para facerlle dano aos celestes, a quen lles custaba un gran esforzo superar a presión rival na medular. Un dubidoso fóra de xogo de Añón, só ante Toño, foi a mellor chegada céltica nesa fase. A xogada acabou ademais con amarela para o atacante local.

 

Iván detivo despois unha falta directa de Góngora e o cabezazo no rexeite de Ortiz. Gran intervención do porteiro internacional celeste. O encontro de acelerou cando chegaba ao descanso, con chegadas en ambas as áreas. No último minuto, gran remate de Añón que atrapou ben Toño.

 

Tras a continuación, golpe do Celta B. Marcos Torres penetrou pola dereita, disparou con escaso ángulo e o coiro acabou na rede. O filial aproveitou a súa primeira chegada, no minuto inicial, para adiantarse no marcador nun partido trabado e duro.

 

Os celestes seguían apertando e chegando en busca de ampliar a vantaxe e nun balón á área sobre Borja Iglesias, despexe coa man dun defensor local… e o colexiado sinalou cara ao outro lado. Ao dez minutos, pase de Marcos cara a Borja Iglesias e remate cruzado que atrapa a meta visitante. O cadro local volvía dominar con suficiencia o choque combinando ben e con gran velocidade.

 

Pouco despois, Antón rematou de lonxe e atrapou con seguridade Toño. O ritmo do encontro era frenético, cun Celta B moi veloz nos seus ataques, cada vez máis perigosos. Gran xogo dos de David de Dios.

 

Borja Iglesias e Marcos Torres a punto estiveron de marcar aos 20 minutos nunha fase de fútbol espectacular dos célticos, soberbios. A ousar da superioridade e as ocasións, o encontro entrou no último cuarto de hora coa exigua vantaxe para os locais, que mantiñan unha feroz presión sobre a Cultural.

 

Aos 31 minutos, Ortiz rematou ao pau na primeira chegada dos visitantes, desaparecidos até entón, pero milagrosamente vivos, cun só tanto de desvantaxe. Toño despexou de maneira incrible un remate de socato de Yelko aos 35 minutos nunha nova ocasión para o Celta B.

 

Nos minutos finais, a Cultural, obrigada, foise arriba con todo pero topouse cunha zaga sólida e solvente.

 

FICHA TÉCNICA

 

1-Celta B: Iván, Pablo Pérez, Antón, Goldar, Maceira, Borja Domínguez, Jordan, Yelko (Fernán, min.86), Marcos Torres (Aitor, min.81), Añón e Borja Iglesias (Thaylor, min.66)

 

Cultural Leonesa: Toño, José Antonio, Bardal, Santi Santos (Negral, min.46), Góngora, Hedrera, Gonzalo (Viti, min.60), Rico, Diego Torres, Adán e Ortiz (Álvaro, min.80)

 

Goles: 0-1, min.46: Marcos Torres

 

Árbitro: Muñoz Piedra, do comité madrileño. Expulsou con dobre amarela a Añón (min.89) e amonestou a Maceira, Yelko, Iván, Borja Domínguez, Aitor, Rico, Negral, Bardal

 

Campo: Barreiro, uns 800 espectadores       

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas