O Celta B supera a un esixente Ourense CF (1-2)

O Celta B sumou un novo triunfo nesta pretemporada. Os de Rubén Albés venceron este xoves ao Ourense CF no Couto, nun choque esixente cuxo marcador estreou Aarón Rey no primeiro tempo. Os locais lograron igualar o resultado na segunda parte, pero o filial celeste soubo sobreporse para conseguir a vitoria a falta de oito minutos para o asubío final. Apeh anotou o definitivo 1-2.