Hemeroteca canteira

O Celta B supera ao Zamora e mantense en postos de promoción

RC Celta

convocatoria_celta_b_20914.jpg

Os canteiráns celestes venceron 0-2 no Estadio Ruta de La Plata con goles de Goldar e Jordan

 


GOLES EN CELTATV


 

O Celta B reencontrouse coa vitoria este domingo no Estadio Ruta de La Plata. Os celestes cultivaron tres valiosos puntos ante o Zamora CF grazas aos dous tantos realizados no segundo tempo, asinados por Goldar e Jordan.

 

O partido arrincou con dominio vigués, aínda que sen ocasións claras. Co paso dos minutos o partido igualouse e, xa na segunda parte, o Zamora aumentou a súa forza no ataque chegando a pór a proba a un acertado Óscar Santiago, porteiro céltico.

 

Os canteiráns da Madroa resisitieron até ter a súa ocasión para marcar, que chegaría no minuto 68 a balón parado. O central David Goldar disparou unha falta e coou o esférico pola escuadra dereita da portaría local. Tras o 0-1 os vigueses mantiveron a súa seriedade e solvencia defensiva e agardaron a oportunidade de golpear ao contraataque. Así chegou o segundo tanto, obra de Jordan, quen rematou a gol un bo centro de Thaylor.

 

Con esta vitoria o Celta B mantense en postos de playoff con 12 puntos. A próxima xornada o CD Tropezón visitará o campo de Barreiro.

 

FICHA TÉCNICA

0-Zamora: Cantero, Dani Mateos, Prada, Fran Ochoa (Aarón Aguado, min. 72), Carrillo (Gavilán, min. 79), Kurbus, Carlos de la Nava (Rodri, min. 53), Cristian, Arkaitz, Coque e Sergi Mut.

 

2-Celta B: Óscar, Kevin, Goldar, De Amo, Samu, Borja Domínguez., Fernán (Yelko, min. 55), Jordan, Javi Que (Thaylor, min. 66), Luis Rioja e Julio Delgado (Pucheta, min. 82).

 

Árbitro: Fernández Pérez, do comité asturiano. Amonestou con tarxeta amarela aos locais Kurbus e Aarón Aguado e aos celestes Julio e Borja Domínguez.

 

Goles: 0-1, min. 68: Goldar. 0-2, min, 80: Jordan.

 

Campo: Ruta de la Plata, uns 1400 espectadores.

 

Observacións: o arxentino Eduardo Pucheta debutou co Celta B.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas