celta-b-rayo-1418.jpg
A Canteira

O Celta B supera con orde e ambición ao líder en Barreiro (3-0)

RC Celta

O Celta B sumou ante o líder da categoría a súa terceira vitoria consecutiva tras unha exhibición de orde, rigor e ambición. O filial defendeu con gran solvencia e atacou con intelixencia para superar a un bo Raio Majadahonda, que se quedou en inferioridade na segunda metade pero non baixou os brazos e empregouse con dureza. Dennis, Juan Hernández e Agus foron os goleadores.

Intensidade e ritmo desde o inicio, con gran rigor táctico e poderoso despregue físico en ambos equipos. O filial, moi veloz arriba, puido marcar aos 20 minutos, cun gran pase de Dani Molina a Drazic, quen non puido superar a Basilio desde o punto de penalti. Dous minutos despois, gran gol de Dennis cun magnífico lanzamento cruzado tras un pase de Drazic en profundidade.

Aos 36 minutos, man na área visitante. Juan Hernández ampliou a vantaxe desde o punto de penalti. Gran primeira metade do Celta B, serio, brillante e ambicioso, para chegar cunha xugosa vantaxe ao descanso.

Trala reanudación, o Celta B controlou ben, con orde e un gran desempeño na presión, ao líder, que aos 15 minutos perdeu a De Frutos por dúas amarelas. O filial buscou as contras e puido sentenciar pronto cun remate de socato de Alende que saíu desviado. Fíxoo no tramo final Agus tras unha gran xogada de Dani Molina. Gran vitoria para seguir na pelexa.

3-Celta B: Sotres, Kevin, Robert Costa, Ros, Alende, Dani Molina, Álex (Sebastiá, min.80), Juan Hernández, Drazic (Pastrana, min.72),  Águs e Dennis (Aarón, min.85)

0-R Majadahonda: Basilio, Rubén, Óscar, Andújar, Jorge García (Chiki, min.82), Vicente, Ayoub (Dani Martínez, min.66) Coto (Pichín min.,46), Carlitos, De Frutos e Jeisson

Goles: 1-0, min.22: Dennis; 2-0, min.36: Juan Hernández, de penalti; 3-0, min.85: Agus

Árbitro: Velasco Arbaiza, do comité vasco. Expulsou con dúas amarelas a De Frutos (min.60), Carlitos (min.90) y Alende (min.92) e amonestou a Coto, Pichín, Ayoub, Alende, Drazic, Álex

Campo: Barreiro, uns 1000 espectadores

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas