Hemeroteca canteira

O Celta B vence ao Dorneda e asegúrase a segunda plaza

RC Celta

Os vigueses, moi superiores, gañaron por 2-0 con goles de Félix e Mina

 

O Celta B confirmou o subcampeonato da Terceira División ao vencer esta mañá ao Dorneda. A superioridade do equipo vigués fíxose patente desde o mesmo comezo do encontro.

 

No minuto 16 Félix adiantou ao filial céltico con axuda da zaga coruñesa. Co marcador a favor os de Pichi Lucas xogaron con máis comodidade, ante un rival que deu demasiadas facilidades en defensa.

 

Santi Mina non faltou á súa cita co gol e, no minuto 25, finalizou unha boa xogada dos celestes definindo con calidade só ante o porteiro. Este é o sétimo tanto do dianteiro no últimos cinco partidos, que sumados aos goles que o mozo canteirán asinou coa Xuvenil División de Honra dan unha cifra global de 34 dianas no que vai de tempada.

 

Tras a continuación o guión mantívose. Os locais seguiron controlando o partido, con algunha ocasión que non frutificou, mentres o equipo coruñés chegaba con dificultade á portaría rival. Óscar de Santiago detivo sen problemas os intentos do Dorneda.

 

FICHA TÉCNICA

 

2-CELTA B: Óscar, Marcos, Kevin, Víctor Vázquez, Antón (Maestre, min.54), Borja, Moreira, Félix (Añón, min.76) Aitor Díaz, Benja e Santi Mina

 

0-DORNEDA: Manu, Martín, Juan (Quintela, min.62), Adrián Bouza, Dani (Paolo, min.46), Dapo, Alfonso, David Vidal, Efrén, Jordi e Cheki

 

Goles: Félix, 1-0 (min. 16); Santi Mina, 2-0 (min. 25)

 

Árbitro: Carballo Vázquez. Amonestou a Bouza, Alfonso, Jordi e Vidal

Campo: Barreiro

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas