O Celta B vence ao FAR Rabat e suma unha nova vitoria en pretempada

escudo_grande.jpg

Os canteiráns gañaron 1-0 en Valença ao equipo que máis veces foi campión ligueiro en Marrocos

 

Os canteiráns do filial non deixan de acumular bos resultados nesta pretempada. Os celestes desprazáronse onte á localidade lusa de Valença para medirse ao FAR Rabat, conxunto da primeira división marroquí que xunto ao Wydad Casablanca ostenta o récord de títulos de liga do seu país: 12. Ademais, nas súas vitrinas conta con 11 Copas do Trono, equivalente á Copa do Rei da RFEF.

 

O equipo adestrado polo galego Fredi Álvarez venceu pola mínima cun temperán gol, no minuto 1 de xogo, da última incorporación do Celta B ata o momento, Luís Rioxa. O cadro céltico, que ofreceu unha boa imaxe, regresará a terras portuguesas este sábado convidado polo Sport Clube Mirandela da II Divisão á súa presentación oficial. O partido comezará ás 17h (hora local) no Estádio São Sebastião (Mirandela).

 

ONCE CELESTE NA VITORIA ANTE O FAR RABAT:

Iván, De Amo, Crespo, Javi Rey, Soto, Álvaro, Thaylor, Brais, Borja Iglesias, Julio e Luis Rioja. Tamén xogaron: Igor, Ángel, Pablo García, Pape, Manu Vilán, Berto, Javier Qué, Jorge e Hugo.

Leave a Reply

thirteen − 6 =