Hemeroteca canteira

O Celta B xa viaxa cara a Cantabria para medirse ao Racing de Santander

RC Celta

lista_coruxo_celta_b.jpg

Dezaséis xogadores na lista para o partido deste domingo en El Sardinero (17.00 horas)

 

O filial celeste xa viaxa cara terras cántabras para medirse mañá domingo ao Racing de Santander (El Sardinero, 17:00 horas). O adestrador do Celta B, David de Dios, elaborou unha lista de convocados de 16 xogadores, na que destaca a presenza dos xuvenís Jordan e Iván Villar e o regreso de Óscar Santiago, Soto e Borja Fernández.

 

A lista completa fórmana Óscar Santiago (porteiro), Iván Villar (porteiro), Jordan, Pablo Pérez, Soto, Goldar, Antón, Maceira, Borja Fernández, Borja Domínguez, Yelko Pino, Fernán, Aitor, Marcos Torres, Borja Iglesias e Thaylor.

 

Rubén Blanco (porteiro), Kevin e Javi Rey son baixa por lesión, mentras que Añón é baixa por sanción.

 

Fotografía: Marta Grande

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas