O Celta B xoga este xoves o Trofeo Baltasar Pujales

juan_ros_celta_b_angola_barreiro.jpg

 

O Celta B continúa adiante co seu intenso calendario de pretemporada no que se incluíron ata 10 partidos de preparación. Tras asinar 3 empates e 3 vitorias, os de Rubén Albés afrontan este xoves 3 de agosto o seu sétimo compromiso estival ante o Rápido de Bouzas. Este derbi vigués enmárcase dentro do Trofeo Baltasar Pujales que organiza o club bouzense e cuxo primeiro encontro se disputou hai unhas semanas entre o Rápido e o Choco (3-1).

 

O partido entre celestes e aurinegros, rivais esta campaña na Segunda División B, comezará ás 20:30 en Bouzas, no estadio Baltasar Pujales. As entradas teñen un prezo de 10€ para o público xeral e de 5€ para abonados do RC Celta e Rápido de Bouzas.

 

Leixoes – Celta B

1-1

 

Celta B – Selección de Angola

0-0

 

Celta B – Iberos FC

7-0

 

Celta B – CyD Leonesa

1-1 (4-5 en penaltis)

 

Mondariz FC – Celta B

1-10

 

Areas FC – Celta B

0-5

 

Rápido de Bouzas – Celta B

Xoves 3 de agosto | 20:30 | Baltasar Pujales (Vigo)

 

CD Lugo – Celta B

Domingo 6 de agosto | 19:00 | A Medela (Taboada)

 

Celta B – Asfar Rabat

Xoves 10 de agosto | 19:00 | Melgaço (Portugal)

 

FC Felgueiras – Celta B

Domingo 13 de agosto | 18:00 | Felgueiras (Portugal)

 

*HORARIOS LOCAIS

Leave a Reply

five × two =