O Celta Benxamín A e Alevín A campións galegos

 Benja.jpg

 Foto: Futgal

 

O RC Celta celebrou esta tarde dous novos títulos para a canteira. O Benxamín A proclamouse campión da fase final do campionato galego disputada na tarde de hoxe en campo do Viso en Arzúa proclamouse campión galego. O equipo celeste impúxose ao Rácing de Ferrol nas semifinais e avanzou á final na que venceu por 4 goles a 1 ao Deportivo da Coruña.

 

Pola súa banda o Celta Alevín A que chegou á fase final tras acabar como primeiro no seu grupo. Nas semifinais o equipo celeste venceu ao Ural C.F. e na final venceu por 6 goles a 0 ao Santa Mariña para alcanzar o título de campión galego.

 

A canteira celeste continúa cultivando éxitos nunha tempada histótica na que todos os equipos das categorías inferiores, do Celta B cara abaixo, finalizaron a tempada regular como líderes dos seus grupos.

Leave a Reply

4 × one =