O Celta Brasov participou na Copa Ribadumia

Durante esta pasada fin de semana 13 mozos do equipo benjamín de Celta Brasov viñeron a disputar a Copa Ribadumia, no campo da Senra, onde competiron contra rivais de toda a xeografía española, deixando unha moi boa imaxe e quedando campións da final de consolación.

Aproveitando a visita, o noso Presidente quixo compartir con eles o seu tempo, e onte luns compartiron un entretido almorzo, onde charlaron sobre as súas impresións desta fin de semana e sobre o funcionamento da escola en Romanía. Ademais visitaron o estadio de Balaídos, comido todos xuntos, para posteriormente percorrer A Sede e finalizar o día cun paseo en barco.