O Celta Cadete B cae ante o Valencia en Qatar

lfp_aspire_challenge_logo.jpg

Os célticos non puideron coun rival máis forte no aspecto físico

 

O Celta non puido estrearse no segundo partido da LFP Aspire Challenge Sub-15 ao caer por dous goles a cero ante a Valencia, moito máis poderoso no aspecto físico. Os célticos encaixaron no tramo inicial nun saque de esquina e ao final do choque nunha contra. Os cadetes célticos buscarán agora a Final de Bronce do torneo.

 

Co partido igualado, o Celta encaixou nun saque de esquina aos 11 minutos de xogo. Vicente Izquierdo elevouse sobre a zaga e cabeceou para superar ao porteiro celeste.

 

Aos 24 minutos, gran xogada desde a dereita, con remate final de Marcos Alonso que desviou cunha gran estirada o metra valencianista. A primeira metade acabou con dominio celeste e unha falta afastada botada por encima do traveseiro por Marcos Alonso.

 

Tras a continuación, ao cinco minutos, de novo tivo o Celta unha gran ocasión. Tras unha boa xogada de Marcos Alonso, Óscar Martínez remato alto desde o punto de penalti.

 

O Celta insistía en ataque, pero foi a Valencia o que volveu golpear cando quedaban sete minutos para o final. O central Badal arrinco desde o seu campo cunha gran potencia e chegou á área celeste para superar cun potente disparo a Couñago.

 

Os canteiráns célticos ofreceron, como no seu partido de debut, unha boa imaxe e desenvolveron un gran fútbol ante un rival máis forte no aspecto físico que decidiu nunha xogada a balón parado e nunha contra xa ao final do choque.

 

O seguinte encontro dos vigueses será mañá, martes, ás 16.30 horas. Os partidos desta competición, que se disputa até o día 16 de abril na cidade catarí de Doha, poden seguirse en directo a través de ‘La Liga TV’www.lfp.es/laligatv

 

Leave a Reply

fifteen + nine =