Hemeroteca canteira

O Celta Cadete B, ‘campión bronce’ do LFP Aspire Challenge tras unha xenial actuación ante o Sporting

RC Celta

celta_-_lfpaspirechallenge_-_finalbronze.jpg

Os celestes, que foron de menos a máis na competición, finalizan no quinto posto do torneo

 

O Celta Cadete B finalizou a súa participación na LFP Aspire Challenge de Qatar cunha nova demostración de fútbol, que nesta ocasión si recibiu o seu xusto premio. Os celestes, que foron de menos a máis no campionato e sempre ofrecendo unha extraordinaria imaxe, venceron ao Sporting con folgura por 5 goles a 1 na Final Bronze. Tras esta vitoria o conxunto da Madroa termina o torneo no quinto posto.

 

Os mozos canteiráns non tardaron en chamar á porta do gol. Apenas transcorrera un minuto de xogo cando Alejandro Fernández estrelou un balón contra o poste. A ameaza fíxose real poucos minutos despois. Tras un fallo do porteiro asturiano á saída dun saque de esquina, Manuel Dávila empuxou o balón ao fondo da rede para anotar o primeiro tanto olívico.

 

O equipo galego volveu esbozar un atractivo xogo que neste encontro si se traduciu en goles. No minuto 9, tras unha xenial combinación do Celta, Alejandro Fernández anotou a segunda diana céltica cun disparo cruzado. Case sen tempo para reaccionar, Javier Ben enviou o esférico contra a madeira. Na seguinte ocasión os da Madroa volverían acertar. No minuto 17 Marcos Alonso definiu ao pau curto e aumentou a vantaxe do cadro vigués.

 

O primeiro tempo, monólogo celeste, finalizou cun novo tanto do Celta. Javier Ben finalizou en gol outra xogada de elaboración cargada de calidade. O descanso chego con 0-4 no electrónico. Tras a continuación o choque igualouse, pero equipo vigués redondeou a goleada cun tanto de Joao Alves tras recoller un balón rexeitado. O único tanto do Sporting foi obra de Sandoval.

 

O Celta Cadete B despídese da LFP Aspire Challenge ocupando a quinta posición do campionato e ofrecendo unha imaxe espectacular desde o primeiro encontro. Os mozos celestes han demostrado que o proxecto de canteira do club non só ten un presente ilusionante, tamén un futuro prometedor.

 

Resumo do partido: http://www.lfp.es/laligatv/aspire-challenge-u15/videos-aspire

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas