O Celta Cadete B disputará a final Bronce da LFP Aspire Challenge

cadete_b-qatar.jpg

Os celestes superaron ao Espanyol na tanda de penaltis tras un espectacular empate a catro goles

 

O Celta Cadete B clasificouse para a Final Bronce do LFP Aspire Challenge U15 ao superar ao Espanyol na tanda de penaltis. Os celestes tiveron por fin premio ao bo xogo que desenvolveron neste torneo e mediranse este mércores, ás 14.45 horas, nun partido que se poderá seguir en directo a través da web de ‘La Liga TV’: www.lfp.es/laligatv, ao Sporting de Gijón.

 

O partido foi espectacular, cunha gran carga de fútbol ofensivo e goles, e finalizou cun significativo empate a catro tantos. Os anotadores celestes foron Óscar Martínez, Marcos Alonso, Pedro Posada y Álvaro Tabares.  

Leave a Reply

13 − 3 =