O Celta cae con claridade en Getafe (3-0)

A numerosa e firme defensa do Getafe e a súa eficacia á contra acabaron coas intencións do Celta en Getafe, onde unha vez máis non puido puntuar. Os locais aproveitaron dúas perdas celestes para marcar.

O Celta dominou unha primeira metade sen apenas ocasións claras. Os locais envorcaron os seus esforzos en defender e contragolpear. Non lograron inquietar a Rubén ata o minuto 36. Un erro no pase propiciou unha contra que Ángel, con fortuna, aproveitou para marcar. O Celta, aínda que con maior posesión e ambición, non logrou tampouco xerar oportunidades ante un rival moi encerrado e agresivo en defensa. Guaita, cunha gran estirada, evitou o empate nos últimos instantes tras un gran remate de Lobotka.

Tras o descanso, ao cinco minutos, nova contra e cento por cento de efectividade. Jorge Molina empuxo á rede un centro desde a dereita. Clara vantaxe do Getafe sen apenas ocasións. O Celta continuou estrelándose contra o muro defensivo local e apenas podía atopar ocos para xerar perigo. Ángel anotou o terceiro no tramo final para selar a vitoria local.

3-Getafe: Guaita. Damián Suárez, Bruno, Djené, Cabrera, Portillo, Fajr, Arambarri, Portillo,  Jorge Molina (Remy, min.70) e Ángel (Mora, min.90).

0-RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Roncaglia (Boyé, min.73), Sergi Gómez, Jonny, Wass, Lobotka, Tucu Hernández (Radoja, min.61), Pione Sisto (Emre Mor, min.61), Iago Aspas e Maxi Gómez.

Goles: 1-0, min.36: Ángel; 2-0, min.50: Jorge Molina; 3-0, min.85: Ángel.

Árbitro: González Fuertes, do comité asturiano. Amonestou a Damián, Cabrera, Portillo, Fajr, Roncaglia, Boyé, Emre Mor.

Campo: Alfonso Pérez.