Primeiro Equipo

O Celta cae en Sevilla con claridade

RC Celta

sevilla_4_-_1_celta.jpg

Os locais sentenciaron o choque en só 2 minutos da segunda parte. Augusto anotou o tanto céltico

 

O Celta comezou o choque ben plantado no campo, cunha boa presión na medular iniciada arriba por Mario Bermejo e Iago Aspas. Os primeiros minutos foron de mero tenteo, sen aproximacións ás áreas… ata que Mario Bermejo habilitou a Iago Aspas na frontal e o canteirán rematou coa esquerda obrigando a Beto a estirarse ao máximo para desviar o coiro. Ían seis minutos de xogo e os celestes asustaran ao conxunto local.

Pero o Sevilla non fallou na súa primeira chegada. Aos 12 minutos, centro desde a dereita, rexeite de Javi Varas e Negredo empuxou o coiro á rede. Unha vez máis, ao Celta tocáballe tratar de remontar como visitante, e ante un rival moi cualificado.

Aos 20 minutos, boa xogada celeste e disparo lixeiramente desviado de Augusto. A combinación foi brillante, pero sen o remate adecuado. Beto salvou pouco despois un man a man de Iago Aspas nunha gran ocasión para un Celta que empuxaba con fe.

E repetiuse a historia. Segunda chegada do Sevilla, rexeites… e Negredo que envía o coiro á rede. Máxima efectividade do conxunto local, castigo excesivo para os célticos, que chegaban máis e mellor que os andaluces. Iago Aspas rematou dúas veces consecutivas despois, unha tapouna Beto e a outra saíu desviada. Á terceira chegou.

Iago rouba, regatea e cede a Augusto para que marque cun zambombazo na área. Un minuto despois, o traveseiro frustrou o empate. Orellana disparou con potencia á madeira. Infortunio, e inxustiza no marcador ao descanso.

Tras a continuación, Augusto tivo o empate tras un envío xenial de Iago Aspas, pero o celeste non logrou controlar o coiro ante Beto.

Os celestes seguiron chegando sen acabar as xogadas e o Sevilla fíxoo en dous zarpoazos para liquidar o partido. Negredo e Medel pechárono en dous minutos.

 

FICHA TÉCNICA

4-Sevilla F.C.: Beto, Coke, Fazio, F. Navarro, Alberto, Navas, Medel, Kondogbia (Maduro, min.76), Rakitic, Manu del Moral (Reyes, min.46) e Negredo (Babá, min.83)

 

1-R.C.Celta: Javi Varas, Jonny, Cabral, Demidov, Bellvís (Lago, min.80), Borja Oubiña, Augusto (De Lucas, min.69), Mario Bermejo, Orellana (Pranjic, min.59) e Iago Aspas

 

Goles: 1-0, min.12: Negredo; 2-0, min.28: Negredo; 2-1, min.40: Augusto; 3-1, min.66: Medel; 4-1, min.68: Negredo

 

Árbitro: Del Cerro Grande, do colexio madrileño. Amonestou a Jonny, Rakitic

 

Campo: Sánchez Pizjuán

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas