O Celta cae no primeiro partido do LFP Aspire Challenge

lfp_aspire_challenge_logo.jpg

O Cadete B perde ante o Sevilla no seu debut no torneo organizado pola LFP en Qatar (3-0)

 

O Celta Cadete de primeiro ano comezou a súa andaina na LFP Aspire Challenge Sub-15 cunha derrota por 3-0 ante o Sevilla FC. Os andaluces aproveitaron un erro dos celestes nos primeiros minutos para adiantarse no marcador, un golpe ante o que os mozos da Madroa reaccionaron con arroxo e calidade. O conxunto galego puido empatar, pero o porteiro sevillista e o pau evitaron o gol da igualada. O Sevilla aumentou a súa renda no minuto 41 cun tanto á contra e sentenciou nos compases finais do encontro co 3-0.

 

A pesar da derrota os canteiráns célticos mostraron unha boa imaxe e unha gran actitude en todo momento, pelexando polo partido desde o primeiro minuto e ata o último. O Celta terá unha nova oportunidade para puntuar este luns ante o Valencia CF (16:30 hora española).

 

Os partidos desta competición, que se disputa ata o día 16 de abril na cidade catarí de Doha, poden seguirse en directo a través de ‘La Liga TV’www.lfp.es/laligatv

 

horario_qatar.jpg

Leave a Reply

nine − three =