O Celta certifica o seu pase aos oitavos da Copa cun novo triunfo ante o Eibar

Tardou en chegar, pero chegou. O Celta sentenciou a súa clasificación aos oitavos de final da Copa do Rei cun tanto de Iago Aspas desde o punto de penalti no minuto 90. Antes Balaídos viviu un partido tedioso, con apenas ocasións, no que o Eibar levou a batuta sen apenas lograr inquietar a Sergio. O de Catoira apareceu cando se lle necesitou e abortou con eficacia os mellores intentos do cadro armeiro.

Foi un encontro para que os menos habituais gozasen de minutos. Brais Méndez, Emre Mor, Hjulsager ou Guidetti foron algúns dos elixidos por Unzué para formar hoxe no once inicial. Tras o 1-2 a favor cultivado no partido de ida, os celestes afrontaban a volta co obxectivo de marcar e porlle moi costa arriba a remontada ao Eibar. Sen goles nin grandes oportunidades, o choque avanzou sen sobresaltos ata que, sobre a bucina, Dmitrovic derrubou na área a Iago Aspas. O Celta coñecerá ao seu rival en oitavos este venres no sorteo da RFEF en Las Rozas.

 

FICHA TÉCNICA

1 (3)-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja (Lobotka, min.72), Brais Méndez, Tucu Hernández, Emre Mor (Wass, min.89), Hjulsager, Guidetti (Aspas, min.72).

0 (1)-EIBAR: Dmitrovic, Capa (Arbilla, min.75), Gálvez, Lombán, Cote, Peña, Jordán (Azkue, min.68), Sarriegi, Bebé, Kike García (Sergi Enrich, min.82) y Charles.

Goles: Iago Aspas (1-0, min.90, de penalti).

Árbitro: Estrada Fernández, do comité catalán. Amonestou a Gálvez (Eibar).

Campo: Balaídos, 8.286 espectadores.