O Celta comeza a súa participación no VII Torneo Alevín Power-GOL Cup

ALEVINPOWERCUP.JPG

 

Os dous equipos alevíns do Celta xa están en Barcelona para participar desde este luns e até o domingo no VII Torneo Alevín Power-GOL Cup, unha competición de fútbol-7 na que, ademais dos celestes, participan clubs punteiros como Espanyol, Sevilla, FC Barcelona, Real Madrid, Málaga, Sampdoria, Vilarreal, Deportivo, Manchester City ou Valencia.

 

Os canteiráns do Alevín A mediranse no grupo 3 ao Sant Cugat C, Sant Kevin’s, UE Cornellà, Real Madrid e Performance, mentres que o Alevín B, encadrado no grupo 2 da súa categoría, enfrontarase na Fase de Grupos ao Gimnàstic Manresa, Sant Cugat e RCD Espanyol.

 

A canle GOL retransmitirá en directo o partido Real Madrid-Celta Alevín A o sábado ás 11:30 e o Espanyol-Celta Alevín B ás 14:30 horas.

 

ALEVÍN A (Grupo 3)

Celta-Sant Cugat (venres, 18:30)

Celta-Sant Kevins (venres, 20:30)

Celta-Cornellà (venres, 21:30)

Real Madrid-Celta (sábado, 11:30, GOL)

Celta-Performance (sábado, 13:30)

 

ALEVÍN B (Grupo 2)

Manresa-Celta (venres, 19:00)

Celta-Sant Cugat (venres, 22:00)

Espanyol-Celta (sábado, 14:30, GOL)

Leave a Reply

eighteen + 8 =