O primeiro equipo arrincou este luns o traballo de pretemporada cunha intensa sesión de adestramento na Madroa. Os xogadores reencontráronse nas instalacións deportivas tras gozar das súas vacacións e deron a benvida a José Naranjo, primeira fichaxe do Celta para a nova tempada, quen se exercitou por primeira vez baixo as ordes de Eduardo Berizzo.
Os futbolistas celestes saltaron ao céspede da Madroa vestindo a nova roupa de adestramento deseñada por adidas. Nas pezas dos xogadores de campo o amarelo é protagonista, mentres que as dos porteiros son de cor gris. Pola súa banda os técnicos visten este ano equipamento vermello burdeos. Boa parte da nova colección de roupa xa está dispoñible na tenda do Celta en Balaídos e, nas próximas semanas, chegarán novos produtos oficiais.
Probas médicas
A partir deste martes e ata o xoves, o primeiro equipo acudirá por turnos ao Hospital Vithas Fátima de Vigo para realizar as probas médicas habituais no inicio da pretempada.
Martes: Sergio, José Naranjo, Hugo Mallo, Fontàs, Radoja, Bongonda, Iago Aspas.
Mércores: Beauvue, Drazic, Wass, Jonny, Sergi Gómez, Planas, Cabral.
Xoves: Señé, Rubén, Iván Villar, David Costas, Gustavo Ledes, Borja Iglesias, Brais Méndez, Pape Cheikh, Borja Fernández, Diego Alende, Ángel Fraga.