Primeiro Equipo

O Celta de Unzué comeza con ilusión e moito balón

RC Celta

primer_entrenamiento_pretemporada_celta_a_madroa_jozabed_fontas_alex_lopez_sisto_pape_hugo_mallo.jpg

 

O RC Celta iniciou este luns unha nova pretemporada, a primeira ás ordes de Juan Carlos Unzué. Foi unha mañá de reencontros, sorrisos e anécdotas estivais, pero tamén de intenso traballo desde o primeiro momento. Tras reunirse no vestiario co presidente Carlos Mouriño e o director deportivo Felipe Miñambres, os xogadores saltaron ao céspede da Madroa para comezar a traballar co novo corpo técnico.

 

Unha tempada máis, a canteira celeste estará notablemente representada no primeiro equipo polos xogadores que xa forman parte del e catro futbolistas do filial que farán a pretemporada con eles: o porteiro Iván Villar, os defensas Alende e Pampín e o centrocampista Brais Méndez. Á primeira sesión de adestramento incorporáronse, ademais deste catro canteiráns, os futbolistas Sergio, Hugo Mallo, Fontàs, Pape, Radoja, Sisto, Beauvue, Jozabed, Hjulsager, Wass, Sergi Gómez, Cabral, Roncaglia, Maxi Gómez, Borja Fernández, David Costas e Álex López. Non asistiron, con permiso do club, Rubén, Jonny, Marcelo Díaz, Tucu, Guidetti, Iago Aspas, Señé e Drazic.

 

O Celta inicia unha rutina habitual de dobres sesións que se prolongará ata o 26 de xullo, día marcado como comezo da xira por Inglaterra na que os celestes se medirán a Brentford, Burnley. Antes de regresar a Vigo, o equipo vigués fará escala en Alemaña o 5 de agosto para enfrontarse ao Bayer Leverkusen. A estes amigables súmase o I Trofeo Isidro Silveira o 22 de xullo, unha emotiva homenaxe ao falecido presidente do Racing Club Ferrol no que os célticos xogarán contra o cadro departamental e o Real Sporting de Gijón.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas