O Celta de veteráns, á fase final do Campionato de España de Fútbol 7

O equipo de Antigos Xogadores do Real Club Celta de Vigo proclamouse campión da liga Solidaria FEAFV Zona Norte celebrada no municipio cántabro de Torrelavega. A escuadra galega, xunto ao outro finalista -a Asociación de Veteranos do Real Racing Club de Santander- serán os dous representantes da zona norte na Fase Final FEAFV – Campionato de España de Fútbol 7, que se celebrará en Oliva (Valencia) o último fin de semana de maio.

Para esta fase final están xa clasificados: RC Celta de Vigo e Real Racing Club de Santander da zona norte; e Málaga CF e Marbesula Marbella da zona Sur. Nas próximas semanas decidiranse os dous clasificados tanto da zona Levante como da zona centro.

Toda a recadación do evento socio-deportivo celebrado en Torrelavega entregouse a beneficio de AMAT, dedicada á reinserción, asistencia e apoio en cuestión de adiccións.

Resultados Fase de Grupos

CD Logroñés 1 – RC Celta 4

Cuartos de final

SD Eibar 1 – RC Celta 1 (3-4 gaña Celta a penaltis)

Semifinais

RC Celta 2 – CA Osasuna 1

Final

RC Celta 2 – Racing de Santander 1

 

Foto e comunicado: FEAFV