Hemeroteca canteira

O Celta despídese da Copa do Rei xuvenil

RC Celta

real-celta_copa-juv_1314.jpg

A Real Sociedad eliminou aos vigueses, a pesar da entrega e sacrificio dos canteiráns celestes

O Celta Xuvenil A quedou eliminado este domingo da Copa do Rei tras sumar unha derrota no partido de volta dos oitavos de final ante a Real Sociedade. Os celestes saltaron ao céspede de Zubieta con moita intensidade, pero foi o conxunto realista o que puxo as ocasións de gol. A pesar do resultado adverso, os canteiráns celestes mantiveron o seu alto nivel de entrega até o asubío final.

No minuto 12 a Real adiantouse no marcador. Tan só dous minutos despois chegou o segundo tanto da mañá. Os celestes batallaron con carácter en busca dun gol que lles dese esperanzas na eliminatoria, pero o descanso chegou sen que puidesen definir claras oportunidades en ataque.

 

Tras a continuación os txuri urdin aumentaron a súa vantaxe cunha terceira diana, un duro golpe ante o que o Celta non baixou os brazos, proba do carácter e compromiso do que fan gala os mozos canteiráns da Madroa. Quiles marcou o único gol dos vigueses ao bordo do final do encontro e, co tempo regulamentario xa cumprido, os donostiarras pecharon o marcador co cuarto gol realista.

 

O Celta queda eliminado da Copa do Rei tras perder con infortunio no partido de ida, disputado na Madroa a semana pasada, e caer onte en Zubieta, a pesar da entrega e sacrificio dos futbolistas célticos.

 

FICHA TÉCNICA

4-Real Sociedad: Tanis Marcellán, Josu Ibarbia, Xabi Prieto, Luca Sangalli, Adrián Lapeña, Joseba Tarantino (Imanol Sarriegi, min. 70), Oier Calvillo (Martín Merquelanz, min. 65), Jon Guridi, Eneko Capilla, Iker Olaizola (Roberto Olabe, min. 58) e Odei Arrieta (Álvaro Odriozola, min. 70)

1-RC CELTA: Iván, Sergio, Samu, Peña, Diego, Pape, Brais (Julio, min. 58), Jordan, Manu (Quiles, min. 83), Fede e Berto

Goles: 1-0: Arrieta, min. 12; 2-0: Capilla, min. 14; 3-0: Arrieta, min. 58; 3-1: Quiles, min. 87; 4-1: Lapeña, min. 92

Árbitro: Rezola. Amonestou aos locais Guridi e Lapeña e aos celestes Pape, Brais e Jordan

Fotografía: Real Sociedad

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas