Hemeroteca canteira

O Celta despídese de LaLiga Promises tras ofrecer unha sensacional imaxe

RC Celta

laligapromises291215.jpg

 

O Celta Infantil B dixo adeus ao torneo LaLiga Promises que se disputa estes días en Miami tras perder 1-2 ante o FC Barcelona nos cuartos de final. Os celestes volveron ofrecer unha extraordinaria imaxe e rozaron a remontada até o último minuto.

 

Na fase de grupos os canteiráns derrotaron con solvencia ao Orlando City (4-0), Juventus (3-2), Atlético de Madrid (0-1) e Estudiantes (5-0) e clasificáronse como líderes do Grupo C con pleno de vitorias, 13 goles a favor e tan só 2 en contra. A pesar de quedar eliminados, as novas promesas célticas foron a sensación do torneo e convidan a ilusionarse co seu futuro futbolístico.

 

O RC Celta quere expresar a súa satisfacción e orgullo polo traballo dos xogadores e técnicos, non só polo gran xogo ofrecido, senón tamén pola coraxe e esforzo que demostraron até o asubío final.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas